Table Of Contentnormas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 1
N O R M A S
ORTOGRÁFICAS E
MORFOLÓXICAS DO
IDIOMA GALEGO
~
normas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 2
•
normas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 3
N O R M A S
ORTOGRÁFICAS E
MORFOLÓXICAS DO
IDIOMA GALEGO
~
normas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 4
1ª edición das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 1982
23ª edición, marzo 2012
© REAL ACADEMIA GALEGA
© INSTITUTO DA LINGUA GALEGA
Coordinación editorial e produción
EDITORIAL GALAXIA, S. A.
Deseño e maquetación:
DESOÑOS
Deseño da cuberta:
GRUPO REVISIÓN DESEÑO
I.S.B.N.: 978-84-87987-78-6
Depósito legal: VG82-2012
Imprime:
CA Gráfica
normas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 5
L
IMIAR
Alén de propostas individuais mellor ou peor fundadas e que atinxiran maior ou
menor circulación, a primeira tentativa institucional de dotar o galego dunha orienta-
ción normativa correspondeu ao Seminario de Estudos Galegos, que publicou Al -
gunhas normas pra a unificazón do idioma galego(1933) e Engádega ás normas pra
a unificazón do idioma galego(1936). A proposta normativa do Seminario tiña como
punto de partida e de chegada o propio galego e apuntaba cara á regularización da súa
escrita, deixando unha certa marxe de flexibilidade. Mesmo así, pensada como estaba
como guía provisoria que se iría desenvolvendo nunha Galicia que se prevía autogo-
bernada, atendía só a uns poucos puntos de ortografía e morfoloxía. As circunstancias
históricas fanaron a súa posta en práctica; non obstante, exerceu un papel inspirador na
tendencia cara á simplificación que se foi impoñendo na escrita en galego a partir de
1950, protagonizada, basicamente, pola Editorial Galaxia.
Á vista do crecente sentimento de que cumpría dispor dunhas orientacións nor-
mativas para o galego, tal como viña reclamando un número cada vez maior de per -
soas comprometidas co idioma, a Real Academia Galega foi tomando conta ao longo
da década de 1960 da súa responsabilidade neste asunto, recoñecida no seu programa
fundacional e nos seus propios estatutos. Así, en 1970 a Academia publica unhas Nor-
mas ortográficas do idioma galego, integradas ao ano seguinte nunhas Normas orto-
gráficas e morfolóxicas do idioma galego (1971). Estas Normas, dentro das súas
modestas proporcións, teñen un carácter máis amplo e sistemático ca as elaboradas
décadas atrás polo Seminario, pero así e todo ofrecen un tratamento sumario dos aspec-
tos que regulan e deixan sen tocar moitos puntos importantes. Paralelamente, o Insti-
tuto da Lingua Galega, creado na Universidade de Santiago de Compostela en 1971,
publica os volumes Gallego 1 (1971),Gallego 2 (1972) eGallego 3 (1974), os primei -
ros manuais de aprendizaxe da lingua. Pola súa propia natureza e tendo en conta a
amplitude de aspectos que abranguen —fónicos e gráficos, morfosintácticos e léxi-
cos—, estas obras implican numerosas escollas idiomáticas cara a un modelo de gale-
go unificado.
Durante a década de 1970 a necesidade dunha normativa lingüística completa, sis-
temática e rigorosa déixase sentir con máis forza, consonte o incremento do uso do
normas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 6
galego escrito, tanto en número de persoas canto en dominios e tipos de texto, e tamén
consonte as expectativas levantadas verbo da súa oficialización. Froito desas inque-
danzas son as Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977), resul-
tado dunha serie de seminarios promovidos polo Instituto da Lingua Galega, que
contaron coa participación de filólogos, profesores, escritores e intelectuais. As Bases
constitúen, de feito, a primeira proposta solidamente fundada en que se consideran de
xeito sistemático e na perspectiva normativa os puntos máis importantes de ortografía
e morfoloxía do idioma. No seu ronsel, aínda que con matices significativos, a Asocia-
ción Socio-Pedagóxica Galega elabora en 1979 a súa propia proposta: Orientacións
para a escrita do noso idioma.
A partir dese ano comezou a introdución do galego no ensino regrado, polo que a
Xunta de Galicia (aínda preautonómica) designou unha comisión para resolver a cues-
tión normativa, da que formaban parte, entre outros, membros da Academia, do Insti-
tuto da Lingua Galega e da Cátedra de Lingüística e Literatura Galega da Universidade.
Esta comisión elaborou unhas Normas ortográficas do idioma galego(1980), que non
chegaron a entrar en vigor.
Unha vez que o galego é recoñecido como lingua oficial no Estatuto de Autono-
mía (1981), a conveniencia xa antes sentida dunha normativa de referencia para os usos
públicos, legais e educativos do idioma convértese nunha necesidade perentoria. Para
afrontala, a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega nomean unha comi-
sión encargada de elaborar unha proposta á altura das esixencias daquel tempo. For-
maban parte desa comisión, pola RAG, Ramón Piñeiro López, Carlos Casares Mouriño
e Andrés Torres Queiruga, e polo ILG, Ramón Lorenzo Vázquez, Antón Santamarina
Fernández e Rosario Álvarez Blanco. Así mesmo, foi fundamental a colaboración de
Francisco Fernández Rei, Manuel González González e Xosé Xove Ferreiro. O texto
elaborado por esta comisión, que por primeira vez daba corpo a un código normativo
amplo e sistemático apoiado nunha demorada xustificación filolóxica das escollas, foi
discutido e aprobado en sesión conxunta das dúas institucións o 3 de xullo de 1982. As
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galegoforon oficializadas pouco máis
tarde pola Xunta de Galicia (Decreto 173/1982, de 17 de novembro), e deste xeito con-
vertéronse na primeira codificación normativa da nosa lingua que contou con soporte
académico, científico e legal.
normas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 7
O devandito decreto autorizaba o Instituto da Lingua Galega para a elaboración
dun Vocabulario ortográfico con carácter de inventario das palabras máis usuais e
prontuario ortográfico. Asemade, a Lei de Normalización Lingüística aprobada polo
Parlamento de Galicia o ano seguinte (Lei 3/1983, do 15 de xuño) estipula que “nas
cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estima-
rase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega”. E engade:
“Esta normativa será revisada en función do proceso de normalización do uso do gale-
go”. En efecto, os estudos requiridos para a elaboración do Vocabulario ortográfico da
lingua galega(1989), dirixido por Antón Santamarina e Manuel González, puxeron de
manifesto a necesidade de axustar algunhas solucións recollidas nas Normas aos pro-
pios principios establecidos nelas, o que aconsellou a súa revisión puntual. Esta revi-
sión foi aprobada pola Real Academia Galega en 1995.
Finalmente, en 2001, unha comisión promovida pola Asociación Socio-Pedagóxi-
ca Galega e integrada polo Instituto da Lingua Galega e os departamentos de filoloxía
galega das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo acorda pre-
sentar á RAG unha proposta de actualización das Normasde 1982, con algunhas solu-
cións que pretendían conseguir unha aceptación máis ampla e un maior consenso
arredor da cuestión normativa. Esta proposta foi rexeitada polo plenario da RAG en
novembro de 2001. Con todo, o mesmo plenario a finais de 2002 acordou constituír
unha comisión, formada por catro académicos, un representante do ILG e un represen-
tante de cada un dos departamentos de filoloxía galega das tres universidades, para
retomar a proposta do ano 2001 e chegar a un texto asumible por todas as partes. Este
novo texto, aprobado polo plenario da RAG o 12 de xullo de 2003, é o que se recolle
no presente volume.
INSTITUTODALINGUAGALEGA/ REALACADEMIAGALEGA
normas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 8
•
normas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 9
I
NTRODUCIÓN
A elaboración das presentes Normas ortográficas e morfolóxicas do
idioma galego fíxose atendendo aos seguintes principios:
1. A lingua normativa ten que estar ao servizo da cultura dun pobo
real e concreto, e por tanto ha de ser necesariamente continuadora da lin-
gua falada pola comunidade e ha de achegarse canto sexa posible a ela, a
fin de enraizar sobre bases seguras e vivas. Agora ben, para que estas
bases sexan efectivamente sólidas, a norma debe acoller un galego fiel a
si mesmo e limpo de canto de alleo innecesario hai incrustado na fala viva
pola presión do castelán. É dicir, a lingua común debe ser o máis galega
posible, establecida sen sometementos nin dependencias, con atención
escrupulosa á estrutura e características lingüísticas do galego.
2. O galego normativo ten que ser o vehículo expresivo común e
válido para todo o pobo galego, voz apta e dispoñible para as súas
manifestacións tanto escritas coma orais, tanto artísticas coma utilita-
rias. Consecuentemente, o galego común non pode basearse nun único
dialecto, senón que debe prestar atención preferentemente á extensión
xeográfica e demográfica das formas para seleccionar as normativas.
Ha de ser, pois, supradialectal e lograr que o maior número posible de
falantes galegos se identifiquen coas solucións acordadas.
3. O galego común debe seguir as boas tradicións da antiga lingua
galega que sexan compatibles coa maneira de ser moderna da lingua, de
xeito que as formas tradicionais sexan preferidas ás máis innovadoras e
evolucionadas. Debe recoñecer tamén a súa propia literatura e cultura
máis recentes, emparentando así con todos os escritores anteriores e
aceptando solucións xa consagradas polo uso.
normas_galego 2013 MODIFICADAS_normas_galego05 19/03/14 11:20 Página 10
4. As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras lin-
guas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en parti-
cular, evitando que o galego adopte solucións insolidarias e unilaterais
naqueles aspectos comúns a todas elas. Para o arrequecemento do léxi-
co culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o
portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adop-
ción non for contraria ás características estruturais do galego. As esco-
llas deben decidirse de acordo cun criterio de coherencia interna, a fin de
que o galego común non resulte arbitrario e incongruente.
Unha lingua común asentada na fala, mais depurada de castelanis-
mos, supradialectal, enraizada na tradición, coherente e harmónica coas
demais linguas de cultura, esixe:
1. Excluír o diferencialismo radical porque, aínda querendo ser unha
postura de defensa fronte ao castelán, manifesta de feito unha posición
dependente e dominada con respecto a esta lingua. Han de excluírse, con
maior razón, solucións diferencialistas que só sexan falsas analoxías e
vulgarismos.
2. Excluír tamén a evasión cara á lingua medieval: formas definiti-
vamente mortas e arcaicas non deben suplantar outras vivas e galegas.
3. Valorar a contribución do portugués peninsular e brasileiro, mais
excluír solucións que, aínda sendo apropiadas para esa lingua, sexan
contrarias á estrutura lingüística do galego. O punto de partida e de che-
gada en calquera escolla normativa ha de ser sempre o galego.
~~~
10
Description:Alén de propostas individuais mellor ou peor fundadas e que atinxiran maior ou menor circulación, a primeira tentativa institucional de dotar o galego dunha orienta- ción normativa correspondeu ao Seminario de Estudos Galegos, que publicou Al - gunhas normas pra a unificazón do idioma galego